Oferta

Seis rostros do nacionalismo en Europa (Gallego)

El precio original era: €6,60.El precio actual es: €1,98.

SKU: 9788484870951_A Categoría:

Descripción

Se no que se refire á verdadeira comprensión da obra e o pensamento dos autores clásicos quedara dabondo demostrado que cumpría coñecermos o seu marco familiar e persoal máis inmediato, as influencias escolares, o ambiente local, con Seis rostros do nacionalismo en Europa Jordi Ventura dá un paso máis nesta dirección. O autor, con brevidade pero de xeito maxistral, fai unha análise biográfica e cultural comparada que nos aproxima á comprensión da complexidade das bases do nacionalismo, dos nacionalismos, a través desta espléndida e sorprendente selección de personaxes. Cada caso constitúe un parangón, como afirma na introdución, no sentido de caso exemplar. No entanto, colocados un a carón do outro, os matices e contradicións de cada pensamento, de cada personaxe, de cada nacionalismo en definitiva, quedan acentuados. A consecuencia inmediata é que se impón a reflexión e se esmiúzan os reducionismos habituais con que se adoita abordar o estudo do nacionalismo. Este libro, sen ningún tipo de dúbida, esixe que sexa máis coñecido fóra deste país e se incorpore rapidamente ás bibliografías internacionais de estudo dos nacionalismos.Do prólogo de Salvador Cardús i Ros.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Ventura Subirats, Jordi
  • ISBN13 9788484870951
  • ISBN10 8484870952
  • Páginas 230
  • Año de Edición 2006
  • Idioma Gallego