Oferta

A árbore da escola (Gallego)

El precio original era: €13,30.El precio actual es: €3,99.

SKU: 9788484642596_A Categoría: Etiqueta:

Descripción

«No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu troncoà» A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes en «A árbore da escola». Esta historia de estrutura circular narra -cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo. Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore, a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos, que conseguen chamar a atención dos botánicos.

  • Encuadernación Tapa dura
  • Autor/es Moreno Sandoval, Antonio
  • ISBN13 9788484642596
  • ISBN10 8484642593
  • Páginas 40
  • Año de Edición 2016
  • Idioma Gallego