Descripción
«A árbore xenerosa» é un clásico de 1964 para lectores de todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexións e lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresada que non é correspondida en igual medida; a relación co noso planeta, constantemente agredido; a contraposición entre as necesidades materiais e o intanxible, para acadar a felicidade; e mesmo unha parábola da familia… O texto é unha sucesión dinámica de accións arredor da figura central da árbore que, ao longo do tempo, interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorre nesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura: dende a nenez, cando os dous xogaban; ata a idade adulta e a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre «querer» e «necesitar» como actitudes vitais. Sen pedir nin agardar nada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinal de identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.
- Encuadernación Tapa dura
- Autor/es Silverstein, Shel
- ISBN13 9788484649625
- ISBN10 8484649628
- Páginas 64
- Año de Edición 2015
- Idioma Gallego




