Oferta

CANTAR NA CORUÑA (Gallego)

El precio original era: €14,15.El precio actual es: €4,25.

SKU: 9788484873822_A Categoría: Etiqueta:

Descripción

Cantar na Coruña Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX Laiovento comprácese en ofrecer ao público lector a presente edición de máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Foron compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, e van precedidos dun estudo introdutorio de forma a situalos cultural, histórica e e lingüisticamente. Estes textos, alén de daren a coñecer unha parte do rico patrimonio inmaterial do país, xurdido e transmitido co pasar de xeracións, servirán non só para nos aproximarmos dos modos de vida das galegas e dos galegos da época, mais tamén para sabermos máis un pouco sobre o estado da lingua naquela altura e, igualmente, para recuperarmos desde a actualidade unha forma de manifestación artístico-literaria e de lecer de tanta raizame na Galiza.

  • Autor/es Sánchez Rei, Xosé Manuel
  • ISBN13 9788484873822
  • ISBN10 848487382X
  • Páginas 134
  • Año de Edición 2017
  • Idioma Gallego