Descripción
Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces… mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún camiñante que se atreva a internarse no caos e recolla os restos desas historias perdidas.Sandra Ferreiro constrúe, en Castelos de cristal, uns relatos que invitan á lectura pausada e reflexiva a través dunha prosa poética chea de profundidade e sosego.
- Encuadernación Bolsillo
- Autor/es FERREIRO GARCIA, SANDRA
- ISBN13 9788411763233
- ISBN10 8411763234
- Páginas 148
- Año de Edición 2024




