Oferta

Manuel María: os traballes los días (Gallego)

El precio original era: €23,70.El precio actual es: €7,11.

SKU: 9788489896901_A Categorías: ,

Descripción

Hai homes que viven unha vida. Algúns, viven moitas vidas. O noso persoeiro pertence ao segundo grupo: o home, o poeta, o narrador, o dramaturgo, o xornalista, o mestre, o divulgador cultural, o político, o procurador dos tribunais, o editor, o cidadán, o incansábel peregrino dos camiños da Galiza e o mundo… son un a a un e todos xuntos Manuel María. Os máis notábeis e significativos acontecementos da vida galega, nos seus ámbitos social, cultural e político da segunda metade do século XX poden ser contados desde o mirador da súa traxectoria vital.Quizais por iso, non sexa desproporcionado afirmar que estes apuntamentos biográficos trazan unha sintética radiografía da vida galega, contada a través dos seus ciclos e tempos culturais, dos seus axentes e promotores, das entidades que a protagonizaron, das múltiples dificultades que tiveron que enfrontar e souberon vencer, e da importancia e excelentes froitos do traballo de milleiros de galegas e galegos anónimos que, co seu xeneroso esforzo, fixeron agromar do ermo, entre a presión e o terror impostos pola ditadura, a inmorrente flor da esperanza dunha Galiza dona de seu

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Gómez Torres, Camilo
  • ISBN13 9788489896901
  • ISBN10 8489896909
  • Páginas 342
  • Año de Edición 2001
  • Idioma Gallego