Oferta

Nuredin o taxista e Amedine o pintor (Gallego)

El precio original era: €13,30.El precio actual es: €3,99.

SKU: 9788484874409_A Categoría: Etiqueta:

Descripción

Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada,cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelocase ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapuchapara ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel,menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríumebaixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estradada beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade aaquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botouun sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedesgrandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido?ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchascurtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobrelugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentosque viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesamáis recente, inda onte coma quen di. ?Fomos un país ocupado, e nótasenosaínda hoxe? ?dixo de sócato nunha desas, como sen querer, ebotoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexoda miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoullea cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertidosorriso irreprimidamente cúmplice.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Beiras Torrado, Xosé Manuel
  • ISBN13 9788484874409
  • ISBN10 8484874400
  • Páginas 116
  • Año de Edición 2019
  • Idioma Gallego