Oferta

O labor lírico do ilustrado cura de Fruíme (Gallego)

El precio original era: €23,70.El precio actual es: €7,11.

SKU: 9788484870111_A Categoría:

Descripción

Diego Antonio de Zernadas, coñecido como o cura de Fruíme, é unha das figuras máis senlleiras da literatura galega do Barroco. Ben como ilustrado, ben como literato, a súa maior importancia reside no feito de ser o máximo cultivador do galego durante os séculos escuros.Cando Galiza vivía un momento crítico que fendía as súas bases económico-sociais, no que era unha continuación da onda de descrédito á que estaba a ser sometida dende a instauración da dinastía dos Trastamara, o nome de Zernadas y Castro situouse como un dos intelectuais galegos máis preocupados por denunciar a situación.Nesta obra non só se dá conta do perfil da realidade galega do século XVIII, senón que ademais, por vez primeira e baixo unha detida análise filolóxica, preséntase o corpo completo da obra galega do cura de Fruíme.Francisco Fernández del Riego sinala no prólogo que ?o libro de Pardo de Neyra (…) é un libro ilustrativo, mesmo aleccionador. Porque explica as características dunha época, e analiza unha obra significativa. Enxertado nun tempo no que se ergue a voz dos ?Ilustrados? galegos, dá a verdadeira medida doutra voz que se valeu do idioma propio para defender os valores do país. A análise realizada nas súas páxinas polo autor, é unha análise comprida, evidentemente proveitosa para os que se interesen pola figura precursora nelas estudiada?

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Fernández Pardo de Neyra, Xulio
  • ISBN13 9788484870111
  • ISBN10 8484870111
  • Páginas 375
  • Año de Edición 2002
  • Idioma Gallego