Oferta

OS MONOS DE LAXEIRO (Gallego)

El precio original era: €16,62.El precio actual es: €4,99.

SKU: 9788484874089_A Categoría:

Descripción

O presente volume é unha recompilación exhaustiva da totalidade das viñetas que Laxeiro fixo para a prensa. Este traballo, actualmente non moi coñecido, de quen chegou a ser unha figura fundamental na renovación da arte galega do sáculo XX, é publicado por primeira vez de forma completa e significa, por tanto, unha achega imprescindíbel para o coñecemento, tanto dos inicios dun dos artistas galegos máis relevantes de tódolos tempos, como do humor gráfico na Galicia daquela época.Estes traballos datan dos anos 1928, 1929 e de xaneiro de 1930. Laxeiro tiña entre vinte e vinte e un anos e son o primeiro traballo profesional dun artista, aínda mozo, que demostra xa unha grande madurez e unhas dotes excepcionais para o debuxo, así como un fino sentido do humor.O libro complétase con tres textos que abordan esta faceta de Laxeiro dende tres perspectivas ben diferentes, como son a circunstancia persoal e biográfica; o aspecto estilístico e antropolóxico e, por último, a contextualización no panorama do humorismo gráfico da época.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Laxeiro, Laxeiro
  • ISBN13 9788484874089
  • ISBN10 8484874087
  • Páginas 144
  • Año de Edición 2018
  • Idioma Gallego