Oferta

(Re)imaxinando o universo urbano (Gallego)

El precio original era: €15,20.El precio actual es: €4,56.

SKU: 9788484872016_A Categoría:

Descripción

Desde formulacións da crítica cultural neomarxista e desde a comprensión da teoría da solución espacial, o autor, debedor da tradición da xeografía social crítica, cuxo maior representante é o xeógrafo británico David Harvey, propón un roteiro por aquelas coordenadas urbanas que configuran a cosmovisión crítica de corte marxista na xeografía galega actual. Como intervén o xiro da lóxica cultural na configuración espacial das nosas sociedades? Que transformacións aconteceron nos procesos de acumulación de capital producindo un desenvolvemento xeográfico desigual? Estas e outras preguntas encontran resposta en (re)Imaxinando o universo urbano, unha reflexión sobre os procesos xeosociais e culturais que están a acontecer nas nosas cidades durante a chamada posmodernidade.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Constenla Vega, Xosé
  • ISBN13 9788484872016
  • ISBN10 8484872017
  • Páginas 159
  • Año de Edición 2010
  • Idioma Gallego