Oferta

Zazi no metro (Gallego)

El precio original era: €13,30.El precio actual es: €3,99.

SKU: 9788484871651_A Categoría:

Descripción

Cando en 1959 aparece Zazie dans le métro Francia descobre a Queneau e aos franceses éntralles a zazimanía. ?O pai de Zazí? fala nos xornais e as revistas, nas emisoras de radio e na televisión, a xente incorpora os retrousos da cativa e do papagaio á conversa cotiá, decontado a obra adáptase para o teatro, Louis Malle lévaa ao cinema, Roland Barthes escribe sobre ela un ensaio…A obra cataliza distintos elementos presentes dende sempre na obra do autor: a supresión de fronteiras entre os xéneros literarios, o predominio da lingua falada e da transgresión da norma, a apariencia da realidade e a realidade da fantasía, a mestura, a mutación e a volatilidade, a filosofía cotiá, o xogo como expresión superior da arte e fonte de vida…Obra transgresora, irreverente e burlona non só cos personaxes senón co autor e cos propios lectores e lectoras cos que Queneau gusta de xogar, Zazí, segue sendo un elixir de eterna mocidade.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Queneau, Raymond
  • ISBN13 9788484871651
  • ISBN10 8484871657
  • Páginas 156
  • Año de Edición 2009
  • Idioma Gallego