Oferta

259.ESCENA APERTA.ESCRITOS SOBRE O TEATRO (Gallego)

El precio original era: €7,60.El precio actual es: €2,28.

SKU: 9788484871774_A Categoría:

Descripción

Sen dúbida, o ser humano adopta a máscara porque non está seguro da súa identidade. A vella oposición platónica mundo real-mundo aparente, na cal reside o problema da máscara, recóllea de forma pesimista Schopenhauer e retómaa máis tarde Nietzsche, quen ve a civilización como máscara, pois opina que a aparencia é a única realidade. Para el, todo é máscara, que oculta outras máscaras. O disfrace nace da inseguridade; o home recorre a el para combater a febleza e o medo. *********** O cronotopo medieval fúndese co da posguerra española por obra e graza dos anacronismos. Os axentes que sementan o terror polas rúas son os mesmos. Son os de onte e os de hoxe ao mesmo tempo e no mesmo espazo, espazo que abrangue toda a historia pola súa característica (resaltada) de conservar o tempo comprimido. O espazo lúdico da represión domina sobre o espazo dramático e crea o espazo histórico do medo, do arrepío. *********** A penetración do teatro oriental nas nosas latitudes incrementouse paulatinamente cos intercambios e as viaxes en ámbalas direccións. A chegada a Europa no primeiro terzo do pasado século de bailaríns e actores, como Michio Ito, Mei Lan Fang ou Sada Iacco, ou a xira de compañías asiáticas, foi neste sentido decisiva. A atracción que espertou nos máis importantes homes de teatro posibilitou unha notábel renovación da arte escénica occidental, da cal xurdiu en gran parte todo o movemento teatral moderno.

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es Rodríguez Ruibal, Euloxio
  • ISBN13 9788484871774
  • ISBN10 8484871770
  • Páginas 163
  • Año de Edición 2009
  • Idioma Gallego